Xermade celebra este sábado o seu acto central contra a violencia de xénero

Terracha Xa
O Concello de Xermade volve desenvolver este ano unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de xén
violencia de xenero xermade portada
violencia de xenero xermade portada
plosa2
21 nov 2023

O Concello de Xermade volve desenvolver este ano unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de xénero.

Os actos deron comezo o venres 17 co inicio do curso de autodefensa, que continuará na súa segunda sesión o 24.

Así mesmo, o día 25, ás 12.00 horas, están convocada toda a veciñanza a un acto reivindicativo na praza do Concello, no que se lerá un manifesto e se gardará un minuto de silencio.

Completará o programa a continuación unha andaina, que terá a súa saída da praza do Concello. As persoas interesadas en participar nesta actividade, que estará centrada na loita contra a violencia de xénero, poden facelo no teléfono 618 744 178. A camiñada será de 7 quilómetros.

violencia de xenero xermade