?>

Volven as cegas de futbolín este sábado a Rábade

Terracha Xa | Lugo XA
A Peña Rábade Futbolín organiza, para rematar o ano, a cuarta edición das Cegas de Nadal o venres día 23, na emblemática Cafetería Papyrus.
plosa2
22 dic 2023

A Peña Rábade Futbolín organiza, para rematar o ano, a quinta edición das Cegas de Nadal. Esta terá lugar este sábado 23, na emblemática Cafetería Papyrus.

O torneo dará comezo ás 16.30 horas, tralo primeiro sorteo. O obxectivo, e debido ás datas, será rematar cedo a competición para os que teñan que marchar, aínda que seguirán despois con cegas sen competición.

Terán as clásicas sorpresas de Nadal para os premiados e algún sorteo para o resto, ademais da edición especial de Trofeos que xa se puxo en marcha o pasado ano.

O gañador recibirá o 50% do recadado, o segundo o 30%, o terceiro o 20% e o cuarto a inscrición.