Vilalba estrea unha pantalla led de promoción turística

Terracha Xa
A concelleira de Turismo de Vilalba, María Xosé Fernández, inaugurou a pantalla led coa que se promocionará a oferta turística, cultural e recreativa
plosa2
30 dic 2023

A concelleira de Turismo de Vilalba, María Xosé Fernández, inaugurou a pantalla led coa que se promocionará a oferta turística, cultural e recreativa do Concello.

Situado nunha das paredes da casa da cultura, a fin de que sexa visible desde a rúa, o dispositivo proxectará imaxes e vídeos de maneira continua e rotatoria, achegando toda a información a veciños e visitantes.

·A instalación e posta en marcha desta pantalla é un salto de calidade na promoción do municipio, a través dun punto de referencia informativa para todas as idades e sectores", explicou Fernández.