?>

Varios lugares polos que pasa o Camiño de Santiago na provincia de Lugo locen unha iluminación Xacobea

Terracha Xa | Lugo XA | Sarria Xa | Ribeira Sacra Xa | A Mariña Xa
Un total de 12 puntos de interese das rutas do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, na súa maioría igrexas, locen estes días de Nadal iluminación
Diego Elías García
28 dic 2023

Un total de 12 puntos de interese das rutas do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, na súa maioría igrexas, locen estes días de Nadal iluminación ornamental con motivos Xacobeos.

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se trata dunha iniciativa da Xunta, a través de Turismo de Galicia, no marco do proxecto AcendeoCamiñodeSantiago.

Arias visitou a Catedral de Lugo, un dos monumentos do Camiño Primitivo que permanecerá iluminado ata o 8 de xaneiro, xunto coa igrexa de Santiago Apóstolo de Castroverde e a igrexa de Santa María da Fonsagrada.

No Camiño de Inverno ilumínanse a Casa de Lemos (Casa da Cultura) de Chantada e a Torre da Homenaxe de Monforte de Lemos; e no Camiño Norte o mosteiro Beneditino de San Salvador de Lourenzá, a Catedral de Mondoñedo e o Parador de Vilalba.

Por último, na ruta do Camiño Francés contan coa iluminación especial as Casas do Concello de Palas de Rei e Triacastela, a igrexa de Santa María A Real de Pedrafita do Cebreiro, e a igrexa de San Nicolás de Portomarín.