Deprecated: Required parameter $arr_wheres follows optional parameter $selects in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/functions/wp/mysql.php on line 621

Teatro afeccionado este sábado en Guitiriz cunha obra de Os Trocos

Terracha Xa
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa esta fin de semana unha nova actuación dentro do Circuito de Teatro Afeccionado impulsado dende a áre
teatro afeccionado pol portada
teatro afeccionado pol portada
plosa2
15 dic 2023

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa esta fin de semana unha nova actuación dentro do Circuito de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura. A Casa Habanera de Guitiriz acolle este sábado día 16 a obra Camping Gas da man do Grupo Os Trocos, dirixido por Guillermo Cancelo.

A peza representarase a partir das 18.30 horas.

Un cámping nas Rías Baixas en tempada alta. Música, baile, sol e praia. Unha dona con moito poder. Veraneantes que mesturan o amor, o desamor, o desexo, a corrupción e as envexas nun cóctel explosivo para refrescar unha calor abafante. Don Félix Galván, concelleiro de urbanismo de “La Toja”, está inmerso nunha operación ilegal que implica a varias concellarías e tamén ao cámping por cousas dun amor do pasado.