?>

Son de Corda actúa este sábado na casa museo de Manuel María

Terracha Xa | Lugo XA
Este sábado, día 18 de novembro, ás 20 horas, a Casa-Museo Manuel María acolle o concerto Na Casa Deles, unha homenaxe que o cuarteto vocal Son de Cor
son de corda na casa deles
son de corda na casa deles
plosa2
14 nov 2023

Este sábado, día 18 de novembro, ás 20 horas, a Casa-Museo Manuel María acolle o concerto Na Casa Deles, unha homenaxe que o cuarteto vocal Son de Corda fai a distintos escritores lucenses xa falecidos. Concretamente a Manuel María, Uxío Novoneyra, Darío Xohán Cabana Lorenzo Varela, Luís Pimentel e Álvaro Cunqueiro.

Esperanza Iglesias, soprano, Carmen Prendes, contralto, Fernando G. Jácome, tenor, e Antón Castro, baixo, son as voces de Son de Corda, que co acompañamento do pianista Raúl Rodríguez e a violinista Aldara Palmeiro, interpretarán un repertorio de composicións baseadas en poemas dos escritores homenaxeados, alén doutras pezas musicais.

Durante o decorrer do concerto, proxectaranse sete curtas feitas por Manuel Lucas Mariño en distintos lugares vinculados á biografía e á escrita dos propios poetas, e onde persoas coñecedoras das súas obras (Mercedes Queixas, Branca Novoneyra, Alexandra Cabana, Carlos Callón, Beatriz Dourado, Antonio Reigosa e Xoán R. Cuba) salientan a relación dos espazos ou lugares, recollidos nas imaxes, cos escritores que protagonizan o proxecto. Nestes mesmos espazos, o compositor e produtor musical, Arturo Vaquero, gravou as distintas cancións interpretadas por Son de Corda.

A entrada para presenciar o concerto é libre mais é necesario facer reserva previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.