?>

Sancovade busca o xersei máis representativo do Nadal

Terracha Xa
A asociación de veciños de Santiago de Sancovade mantén aberto un concurso de xerseis con motivos de Nadal, similar ao que se fixo o ano pasado. A ide
plosa2
2 ene 2024

A asociación de veciños de Santiago de Sancovade mantén aberto un concurso de xerseis con motivos de Nadal, similar ao que se fixo o ano pasado. A idea é atopar o xersei “máis hortera”.

Así, invitan á veciñanza fotografialos e envialos para que se faga unha votación nas redes sociais.

Poden enviarse estas fotos a través de whatsapp, messenger de Facebook ou no correo asvsancovade@gmail.com. As fotografías subiranse ás redes sociais e os veciños poderán votar ata o 6 de xaneiro.

As tres con máis aceptación popular irán a un xurado, que escollerá o gañador.