?>

Sancionan á adestradora do PM Friol con 42 partidos

Terracha Xa | Lugo XA
A adestradora do PM Friol, María Covadonga Regueiro, Covi, vén de ser suspendida con 42 partidos por incumprir de forma prolongada as sancións imposta
covi regueiro pm friol
covi regueiro pm friol
plosa2
15 nov 2023

A adestradora do PM Friol, María Covadonga Regueiro, Covi, vén de ser suspendida con 42 partidos por incumprir de forma prolongada as sancións impostas desde a primeira xornada da competición.

A preparadora do club, que milita na Terceira Federación logo do seu descenso a pasada tempada, foi sancionada nun primeiro momento por enfrontarse con un asistente e por entrar no vestiario do árbitro. Nesta primeira vez foi sancionada con dous partidos polo que nos seguintes sentouse na grada pero deu instrucións mediante teléfono e auriculares. Así, foron incrementando as multas ata chegar aos 42 que acumula agora mesmo, todo eles no que vai de Liga.

Agora mesmo Covi xa non ocupa o banco durante os partidos, faino o segundo adestrador e presidente do club, Ángel Villar.

O club recoñeceu algunhas das infraccións e cualificou de desmedidas as sancións ao mesmo tempo que explicou que moitas delas foron por mal entendemento co comité nas ordes do que podía facer a adestradora e o que non.

Tanto desde o club, como a propia adestradora, aseguran que se está a producir un constante acoso a través de algunhas das publicacións que apareceron en medios dixitais e redes sociais "que están a afectar á súa vida persoal e profesional" polo que non descartan emprender accións legais "cara as persoas e medios que contribúan a difundir inxurias e calumnias que manchen o bo nome do noso club e da nosa traballadora".