San Andrés de Ferreiros, en Pol, está de festa a fin de semana

Pol
Terracha Xa | Lugo XA
A localidade polense de San Andrés de Ferreiros, en Gomesende, celebra a fin de semana as súas festas patronais na honra de Santa Isabel.
festa san andres de ferreiros pol portada
festa san andres de ferreiros pol portada
plosa2
3 jul 2023

A localidade polense de San Andrés de Ferreiros, en Gomesende, celebra a fin de semana as súas festas patronais na honra de Santa Isabel.

As celebracións darán comezo ás 13.45 horas coa tradicional misa solemne, seguida de procesión e a sesión vermú, que estará a cargo do grupo Alba, que tamén se ocupará da verbena xunto ao dúo Epo-K.

O domingo continuarán as celebracións comezando coa misa ás 14.00 horas e tamén procesión xunto á vermú, na que repite Epo-K. Deste modo daranse por concluídas as festas.

Haberá colchonetas gratis para os nenos.

festa san andres de ferreiros pol