Riotorto contará un ano máis coa súa cabalgata o día 5

Terracha Xa | A Mariña Xa
A Asociación de Amas de Casa, e o Concello de Riotorto, organizarán finalmente unha cabalgata de reis, que terá lugar o xoves 5.
nadal reis cabalgata
nadal reis cabalgata
plosa2
31 dic 2023

O Concello de Riotorto organizará finalmente unha Cabalgata de Reis, que terá lugar o venres 5.

Esta arrincará da casa da cultura ás 20.30 horas percorrendo as principais rúas da vila e con chegada ao salón de actos ás 21.00 horas.

Neste lugar está prevista a actuación do coro e o grupo de gaitas de Riotorto. Os Reis Magos terán un agasallo para todos os nenos.

Unha vez rematada a cabalgata servirase un chocolate con roscón de reis no centro sociocultural totalmente gratuíto.

Os interesados en colaborar coa cabalgata poden facelo no teléfono 982 346 222.