Retómase o programa Xoves na Biblio este mes tralo Nadal

Terracha Xa
Tralas festas de Nadal, a biblioteca das Pontes retoma os Xoves na Biblio mañá cun programa que abre tres citas culturais este mes de xaneiro. Todas e
plosa2
8 ene 2024

Tralas festas de Nadal, a biblioteca das Pontes retoma os Xoves na Biblio mañá cun programa que abre tres citas culturais este mes de xaneiro. Todas elas como sempre ás 18.00 do xoves na Casa Dopeso.

A primeira sesión será este día 11, unha actuación de Cirstia Collazo, co título Procúra-se Pepa a Loba. Está dirixida especialmente a nenos a partir de 4 anos.

O xoves 18 será a vez de Cris de Caldas, co espectáculo O agasallo das árbores, tamén para maiores de 4 anos. Rematará o programa con Unha de Piratas, do grupo Carballliños, para o mesmo grupo de idade.