?>

Retómanse en Castro de Rei as reunións do programa Educando en Familia

Terracha Xa | Lugo XA
Castro de Rei comeza estes días coas reunións informativas sobre o programa Educado en Familia, que será impartido polas orientadoras do anterior Pree
nenos campamento conciliacion
nenos campamento conciliacion
plosa2
18 sep 2023

Castro de Rei comeza estes días coas reunións informativas sobre o programa Educado en Familia, que será impartido polas orientadoras do anterior Preescolar na Casa.

Este programa educativo vai dirixido ás familias con nenos e nenas que teñan entre 0 e 3 anos de idade acudan ou non a outros centros educativos. O obxetivo do mesmo é contribuír á formación das familias e axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos nenos a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento da contorna dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educativa familiar.

No concello de Castro de Rei a primeira reunión informativa terá lugar o 20 de setembro, ás 12.00 horas no local social da antiga Biblioteca Pública de Castro de Ribeiras de Lea (fronte á caseta do polbo).