Reme González reúnese en Santiago coa conselleira de Infraestruturas

Terracha Xa | Lugo XA
O equipo de Goberno do Concello de Rábade segue adiante coas reunións de traballo para procurar melloras para o municipio. Así, a alcaldesa de Rába
reunion reme gonzalez concelleira infraestruturas
reunion reme gonzalez concelleira infraestruturas
plosa2
5 oct 2023

O equipo de Goberno do Concello de Rábade segue adiante coas reunións de traballo para procurar melloras para o municipio.

Así, a alcaldesa de Rábade, Reme González, vén de manter unha xuntanza de traballo en Santiago coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar sobre os principais proxectos que desenvolve a Consellería neste municipio e analizar as necesidades actuais.

A rexedora acudiu acompañada do tenente de alcaldesa, Luis Novo, e do concelleiro de Medio Ambiente, Carlos González.

Reme González precisa que a xuntanza de traballo serviu para trasladar de primeira man as demandas do Concello de Rábade, o que contribuirá a sacar adiante futuras iniciativas en coordinación coa administración autonómica.