?>

Rematan as obras de recuperación da praza de España de Rábade

Terracha Xa | Lugo XA
Xa remataron no concello de Rábade as obras de recuperación de espazos públicos na Praza de España. O Goberno local vén de finalizar os últimos trabal
plosa2
26 dic 2023

Xa remataron no concello de Rábade as obras de recuperación de espazos públicos na Praza de España. O Goberno local vén de finalizar os últimos traballos dunhas obras que consistiron na recuperación dun espazo da Praza de España "que estaba completamente abandonado e que non podía ser usado polos veciños e veciñas debido ao seu mal estado", explicou a alcaldesa ao inicio das obras.

Eliminouse o "vertedoiro" no que se tiña convertido a antiga fonte, repuxeron as árbores orixinais, magnolios, e a iluminación con farois de fundición, ao tempo que se recuperou a zona como espazo público para uso e desfrute dos veciños e veciñas.

Coa instalacións dos farois de fundición déronse as obras por rematadas.