?>

Remata a mellora dos camiños de Tras o Río, nas Pontes

Terracha Xa
O Concello das Pontes rematou, esta semana, os traballos de mellora de tres camiños municipais en Tras do Río, na parroquia do Freixo. O proxecto,
plosa2
1 dic 2023

O Concello das Pontes rematou, esta semana, os traballos de mellora de tres camiños municipais en Tras do Río, na parroquia do Freixo.

O proxecto, cun orzamento de 29.763 euros, con cargo ao Agader, tivo como obxectivo a rehabilitación dos tres viarios para dotalos dunha óptima calidade tanto superficial como estrutural, conseguindo así mellorar a comodidade e seguridade que se esixe neste tipo de vías.

As obras realizadas incluíron actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes; procedeuse á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invadía a vía e reparáronse as fochancas e zonas afundidas mentres que as zonas lixeiramente deformadas regularizáronse mediante formigón bituminoso.

O afirmado realizouse coa extensión e compactación dunha nova capa de rodadura formada por 5 centímetros de formigón bituminoso. Os traballos concluíron coa reposición da sinalización, tanto horizontal como vertical, de acordo á normativa vixente.