?>

Rábade volverá vestirse de negro contra a violencia machista

Terracha Xa | Lugo XA
O Concello de Rábade ten preparadas unha serie de actividades con motivo da celebración do 25N ou o Día da violencia de xénero. Así, os comercios d
25NRabade programa portada
25NRabade programa portada
plosa2
23 nov 2023

O Concello de Rábade ten preparadas unha serie de actividades con motivo da celebración do 25N ou o Día da violencia de xénero.

Así, os comercios da localidade recibiron material reivindicativo sobre esta xornada que culminarán este venres no acto central, que terá lugar ás 12.00 cunha concentración na praza 28 de maio.

Nesta sesión lerase un manifesto contra a violencia e farase unha homenaxe ás vítimas.

Pecharase a programación o luns 27 de novembro cun curso de autodefensa no centro sociocultural que terá dúas xornadas e a seguinte será o día 1 de decembro.

25NRabade programa