?>

Rábade acolle este venres unha xornada sobre a convivencia co lobo

Terracha Xa | Lugo XA
A Xunta de Galicia organiza unha xornada sobre medidas preventivas e de convivencia co lobo en Galicia que se desenvolverá en Rábade este venres. D
xornada convivencia lobo casa das insuas portada
xornada convivencia lobo casa das insuas portada
plosa2
19 oct 2023

A Xunta de Galicia organiza unha xornada sobre medidas preventivas e de convivencia co lobo en Galicia que se desenvolverá en Rábade este venres.

Diferentes organizacións públicas e privadas buscarán medidas de protección do gando fronte a posibles ataques de lobos.

A actual coxuntura arredor da protección do lobo está creando unha serie de debates e toma de decisións que enfrontan diferentes sensibilidades. Esta idea está detrás da creación da xornada que se celebrará na Casa das Insuas de Rábade.

A reunión contará con intervencións de expertos no tratamento de medidas preventivas para a protección de vacas, cabras e ovellas. Buscarase coñecer máis sobre o lobo, a súa presenza en Galicia, como se pode convivir con el en Galicia e, para finalizar, visitaranse exemplos de peches de pastos para gardar o gando.

xornada convivencia lobo casa das insuas