?>

Proxéctase en Meira o documental sobre os segadores da zona de Órrea

Terracha Xa
Con motivo da XXXI celebración da Festa da Malla este domingo 27, o sábado anterior, na Casa da Cultura de Meira, ás 21.00 horas, terá lugar a proxecc
segadores de orrea meira portada
segadores de orrea meira portada
plosa2
25 ago 2023

Con motivo da XXXI celebración da Festa da Malla este domingo 27, o sábado anterior, na Casa da Cultura de Meira, ás 21.00 horas, terá lugar a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.

Este documental é un feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por 31 homes e mulleres que o viviron en primeira persoa. Conta, tamén, coa participación de varios segadores da Órrea residentes en Meira.

Este acontecemento está organizado pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba do Órrea, Asociación Cultural Avelino Díaz, Concello de Meira, Asociación de Amigos da Malla de Meira e a Vicepresidencia da Deputación.

segadores de orrea meira