?>

Patricia Torrado gaña o Certame de Caligramas Constanza de Castro

Terracha Xa
A Asociación Recreativa Cultural de San Martiño convocou unha nova edición do Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba e do III Certame de Caligrama
certame caligramas constanza de castro portada
certame caligramas constanza de castro portada
plosa2
1 nov 2023

A Asociación Recreativa Cultural de San Martiño convocou unha nova edición do Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba e do III Certame de Caligramas Constanza de Castro, ambos en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es co fin de reivindicar a relevancia histórica e cultural da Torre.

Neste concurso participan maiores de 12 anos cunha única obra en formato e temática libres. Nesta ocasións, o primeiro premio foi para Patricia Torrado Queiruga, de Porto do Son, A Coruña, pola súa obra Última noite en Caldaloba.

O segundo premio foi para a obra Engranaxes, de Laura Sánchez Castro, de Santiago de Compostela.

O Certame de Caligramas Constanza de Castro, que chegaba á súa terceira edición, ten como obxectivo reivindicar a relevancia histórica e cultural deste emblema da Chaira, ademais de promover a creación artística. O obxectivo é crear debuxos con textos.

certame caligramas constanza de castro