Parga celebra o martes a festa do patrón

Terracha Xa
A localidade de Santo Estevo de Parga estará de celebración este luns, 26 de setembro, nunha sesión de actividades.
plosa2
23 dic 2023

A localidade de Santo Estevo de Parga estará de celebración este martes, 26 de decembro, nunha sesión de actividades organizada pola comunidade de montes veciñais e a asociación de veciños Campo da Feira coa colaboración da comisión de festas de Parga.

Os actos comezarán ás 12.30 horas coa misa do patrón seguida dunha procesión e foguetes. Ás 13.15 comezará un pasacalles polos bares e tabernas, que se repetirán ás 19.00 horas, nos dous casos a cargo do grupo Caivanca.