Os veciños de Xermade poderán participar nun curso de primeiros auxilios

Terracha Xa
O Concello de Xermade acolle unha nova formación gratuíta o vindeiro 29 de novembro. Trátase dun curso de primeiros auxilios e RCP, que se impartirá n
cartel primeiros auxilios 1
cartel primeiros auxilios 1
25 nov 2023

O Concello de Xermade acolle unha nova formación gratuíta o vindeiro 29 de novembro. Trátase dun curso de primeiros auxilios e RCP, que se impartirá na Casa Habanera de Roupar.

A formación, da que se encarga a Escola Galega de Saúde para Cidadáns e que conta coa colaboración do Concello e Afalu, impartirase de 16.00 a 19.00 horas.

Os interesados poden solicitar máis información e realizar a súa inscrición a través do número 678 744 178.

primeiros_auxilios_xermade