Os veciños de Órrea celebrarán un xantar e unha ruta o último domingo de agosto

Terracha Xa | A Mariña Xa
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará este domingo, 27 de agosto, unha ruta polos regos e fontes da localidade. Partirase do campo
roteiro regos e fontes orrea portada
roteiro regos e fontes orrea portada
plosa2
24 ago 2023

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará este domingo, 27 de agosto, unha ruta polos regos e fontes da localidade. Partirase do campo da Eirexa ás 11.00 horas.

A maiores haberá unha comida veciñal no campo da festa a partir das 14.00 horas, con carpa incluída.

Para amenizar esta velada cóntase coa actuación do grupo Ariños de Orbazai, ademais dunda serie de xogos populares e tradicionais.

Tanto o xantar como o roteiro son actividades independentes e pode participarse en calquera delas por separado.

Os interesados en participar no xantar poden mercar os tiquets na taberna de Montse ata o xoves día 24 a un prezo de 25 euros, sendo gratuíto para os menores de 12 anos.

roteiro regos e fontes orrea