?>

Os propietarios de terreos das Fragas do Eume manifestaranse de novo o 17 de decembro

Terracha Xa
As dúas asociacións que agrupan a boa parte dos propietarios de terreos no parque natural Fragas do Eume protagonizaron este domingo unha nova acción
fragas do eume as pontes
fragas do eume as pontes
plosa2
29 nov 2023

As dúas asociacións que agrupan a boa parte dos propietarios de terreos no parque natural Fragas do Eume protagonizaron este domingo unha nova acción reivindicativa (transitando a pé, ataviados con pancartas e camisetas pola estrada que une os municipios de Pontedeume e Cabanas, durante dúas horas) en sinal de protesta pola aprobación do Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX), que contou coa luz verde da Xunta "con falta de diálogo e consenso".

Demandan ao goberno autonómico “prezos dignos” para as súas parcelas (que se estenden polos municipios de Cabanas, Pontedeume, Monfero, A Capela e As Pontes) e compensacións xustas. A presidenta da Asociación Parque Natural do Eume, Natureza e Desenvolvemento, Ángeles Pita, mantivo recentemente un encontro con responsables da Consellería do Medio Ambiente para demandar a ampliación da partida destinada á compra de terreos.

Desde o colectivo preparan xa unha nova protesta, que terá lugar no mesmo lugar o próximo 17 de decembro.