Organizan na Casa das Insuas un taller de música tradicional

Terracha Xa | Lugo XA
O próximo sábado 4 de novembro terá lugar na Casa das Insuas unha actividade da man de Branca Villares. Trátase dunha proposta educativa para traballa
taller musica casa das insuas portada
taller musica casa das insuas portada
plosa2
28 oct 2023

O próximo sábado 4 de novembro terá lugar na Casa das Insuas unha actividade da man de Branca Villares. Trátase dunha proposta educativa para traballar a música tradicional como ferramenta educativa.

En horario de 10:00 a 13:30 terá lugar un taller no que se ofrecerán materiais e recursos para empregar a música tradicional en todas as etapas educativas e para outros contextos culturais/educativos.

A partir das 13:30 terá lugar un concerto de Troupelear con Branca Villares e Pablo Pintor.

Pódese acudir ás dúas actividades (taller e concerto) ou soamente a unha delas. Unha vez remate o concerto tomarase algo de picoteo para compartir entre amigos que levará cada un da súa casa.

A entrada é libre pero é preciso inscrición previa na actividade. Información e inscricións en brancavillaresnaveira@gmail.com

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

taller de musica natural casa das insuas