Oito concellos da provincia reciben unha achega para comprar un vehículo para os servizos sociais

Terracha Xa | Lugo XA | Ribeira Sacra Xa | A Mariña Xa
A Consellería de Política Social e Xuventude concedeu axudas por importe total de 302.000 euros a oito concellos lucenses para adquirir vehículos de e
dineiro aforro cartos moedas
dineiro aforro cartos moedas
plosa2
13 oct 2023

A Consellería de Política Social e Xuventude concedeu axudas por importe total de 302.000 euros a oito concellos lucenses para adquirir vehículos de emisión 0, eco ou de etiqueta C verde para o seu uso por parte dos servizos sociais municipais.

Están dirixidas a municipios de menos de 10.000 habitantes. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución da convocatoria, que na provincia de Lugo beneficia ao Saviñao, Quiroga, Abadín, Palas de Rei, Monterroso, O Vicedo, Becerreá e Negueira de Muñiz.

A contía máxima da achega económica é de 40.000 euros por vehículo. Os concellos poderán solicitar un anticipo do 80% da axuda concedida, co fin de facilitar que conten con liquidez suficiente para facer fronte á compra do transporte.

A posta en marcha desta liña de achegas, dotada cun millón de euros, enmárcase no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea a través do programa NextGenerationEU. Recentemente tamén se resolveu outra orde para o mesmo fin destinada ás entidades sociais, que repartiu 3,6 millóns de euros entre 80 entidades galegas.