?>

O SD Pol comeza o mércores os adestramentos de alevíns e benxamíns

Pol
Terracha Xa | Lugo XA
O pasado mes de agosto, o SD Pol tiña como obxectivo a posta en marcha dunha escola deportiva tras a creación do equipo xuvenil, e para iso, iniciáron
escolas deportivas de futbol pol portada
escolas deportivas de futbol pol portada
plosa2
12 sep 2023

O pasado mes de agosto, o SD Pol tiña como obxectivo a posta en marcha dunha escola deportiva tras a creación do equipo xuvenil, e para iso, iniciáronse adestramentos de nenos nados entre os anos 2017 e 2012 e así poder crear equipos de categorías de base.

Este mes de setembro, o club xa conta cun equipo alevín e outro benxamín, os cales serán adestrados a partir do 13 de setembro, en horario de 18.00 a 19.30 horas. O primeiro será para nenos que naceran entre 2012 e 2013 e o outro para os de 2014 e 2015.

Os rapaces disporán de adestradores titulados e campo artificial para xogo e adestramento.

As persoas interesadas poden inscribirse nos teléfonos 658 481 583 e no 620 253 408.

escolas deportivas de futbol pol