?>

O PP de Guitiriz denuncia un aumento dos ingresos dos concelleiros sen dedicación

Terracha Xa
Os concelleiros do PP de Guitiriz denuncian que a alcaldesa do municipio, Marisol Morandeira, multiplicou por catro os ingresos dos concelleiros sen d
PLENO CONCELLO GUITIRIZ
PLENO CONCELLO GUITIRIZ
plosa2
26 oct 2023

Os concelleiros do PP de Guitiriz denuncian que a alcaldesa do municipio, Marisol Morandeira, multiplicou por catro os ingresos dos concelleiros sen dedicación do Goberno local.

O voceiro popular en Guitiriz, José Manuel López, explica que Marisol Morandeira duplicou a retribución por asistencia ás xuntas de goberno local, que pasan de 75 a 150 euros, ademais de aumentar a periodicidade das mesmas, xa que no mandato anterior eran cada 15 días e agora son todas as semanas.

O voceiro popular sinala que dos sete concelleiros do equipo de goberno, dous perciben estas retribucións, que supoñen, engadindo as asistencias a plenos e comisións, unha media de 690 euros ao mes para cada un deses dous edís, o que se traduce en 8.280 anuais.

“A realidade é que dende o Goberno local defenden un aforro que non é tal xa que as retribucións que perciben os edís sen dedicación multiplicáronse por catro neste mandato”, sentenciou.