?>

O Pichón de Muimenta acolle o venres o I Trofeo de Rugby

Terracha Xa
O rugby volverá estar presente en Muimenta xa que este venres, 22 de decembro, terá lugar o I Trofeo de Rugby no campo do Pichón. A cita está previ
plosa2
20 dic 2023

O rugby volverá estar presente en Muimenta xa que este venres, 22 de decembro, terá lugar o I Trofeo de Rugby no campo do Pichón.

A cita está prevista para as 21.00 horas e participarán o Muralla RC e o CR Fendetestas na categoría sénior. Tamén estarán o Maseda RC e o Veteráns Lugo para enfrontarse na categoría sénior.

Trala actividade deportiva, están citados no Pub Zafra para o terceiro tempo.