?>

O IESCHA organiza este sábado unha homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XI Cabodano

Terracha Xa
Este sábado, 30 de decembro de 2023, terá lugar a homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XI Cabodano, ao carón da lousa coa inscripción conmemorativ
REPARTO LIBROS IESCHA VILALBA LETRAS GALEGAS
REPARTO LIBROS IESCHA VILALBA LETRAS GALEGAS
Diego Elías García
27 dic 2023

Este sábado, 30 de decembro de 2023, terá lugar a homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XI Cabodano, ao carón da lousa coa inscripción conmemorativa inaugurada o ano pasado e obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”.

No acto, organizado polo IESCHA ás 12.30 horas, na praza da Igrexa de Vilalba, terá un apartado para o recitado de textos do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán Arturo Bermúdez Prieto de 14 anos, que tocará unha versión de trompeta de Lela e pechara o acto coa interpretación do himno galego; e Víctor Antonio Bermúdez Prieto, que tocará na guitarra  española unha peza de estudo denominada Rondó- Napoleón Coste.

Ambos, sobriños-netos de Bernardo, son estudantes de 2° grao de profesional no Conservatorio de Culleredo e tamén se contará co acompañamento do grupo AC ANDRADE.