O Espazo Xove Vilalba inicia clases de pintura, debuxo e xadrez este mes

Terracha Xa
O Espazo Xove Vilalba iniciará este mes de xaneiro un grupo novo de actividades, que arrancarán tralo Nadal. Así, está previsto pintura os mércores
plosa2
4 ene 2024

O Espazo Xove Vilalba iniciará este mes de xaneiro un grupo novo de actividades, que arrancarán tralo Nadal.

Así, está previsto pintura os mércores de 19.30 a 21.30 horas. Á mesma hora e día haberá debuxo. Ademais, todo os xoves, entre as 18.00 e as 20.00 horas todos os amantes do xadrez terán partidas e formación.

As persoas interesadas neste servizo poden poñerse en contacto co mesmo no teléfono 982 828 340 ou no correo espazoxovevilalba.xuventude@xunta.gal.