O Confederación limpa o leito de dous ríos en Baleira e Riotorto

Terracha Xa | Lugo XA | A Mariña Xa
A Confederación Hidrográfica do Cantábrico iniciou os traballos de mantemento e conservación no leito do rego de Cabana, nas inmediacións da Muiña, no
Trabajos de retirada de arboles caidos riotorto baleira
Trabajos de retirada de arboles caidos riotorto baleira
plosa2
21 sep 2023

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico iniciou os traballos de mantemento e conservación no leito do rego de Cabana, nas inmediacións da Muiña, no municipio de Baleira e do río da Órrea, nas inmediacións de Casanova, no concello de Riotorto.

As actuacións no rego de Cabana cun orzamento inicial de 4500 €, execútanse nun tramo 230 m de leito co propósito de retirar árbores caídas ou en risco de caída e adecuar da vexetación de ribeira co obxectivo de evitar a formación tapones e manter a capacidade de desaugadoiro do leito.

As actuacións no río da Órrea, cun orzamento inicial de 9000 €, execútanse nun tramo 600 m de leito co propósito de retirar árbores caídas ou en risco de caída e adecuar da vexetación de ribeira co obxectivo de evitar a formación tapones e manter a capacidade de desaugadoiro do leito.

Estes traballos, realízanse a través da empresa pública Tragsa dentro do Programa de mantemento e conservación de leitos que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico fóra das zonas urbanas, nas que os labores de conservación e mantemento de leitos son competencia dos concellos.