?>

O Concello de Pol agasalla ás catro mulleres centenarias do municipio

Pol
Terracha Xa | Lugo XA
Pol rendeu unha homenaxe ás catro mulleres centenarias do termo municipal, que recibiron de agasallo unhas frores e a figura dunha vaca, coa que repre
Pol muller centenaria 1
Pol muller centenaria 1
plosa2
13 ago 2023

Pol rendeu unha homenaxe ás catro mulleres centenarias do termo municipal, que recibiron de agasallo unhas frores e a figura dunha vaca, coa que representan os pasado das catro, que se dedicaron ao campo durante toda a vida.

As homenaxeadas son Josefa Pena Carreira, que cumpriu os 100 este ano; Camila González Rielo, de 102 e natural de Silva; Amparo Vázquez Piñeiro, que ten 103 e naceu en Hermunde e María Antonia López López, de Baílle, con 104 e decana do concello.

Ademais, Pol conta tamén con 15 persoas maiores de 95 anos, “co que a lonxevidade en Pol queda manifesta”, asegurou o  seu alcalde.

pol muller centenaria 2