O Concello de Guitiriz oferta clases de baile para maiores de 50 anos

Terracha Xa
O Concello de Guitiriz oferta clases de baile para persoas maiores de 50 anos. Estas darán comezo o próximo martes, 16 de xaneiro, e celebraranse t
plosa2
8 ene 2024

O Concello de Guitiriz oferta clases de baile para persoas maiores de 50 anos.

Estas darán comezo o próximo martes, 16 de xaneiro, e celebraranse todos os martes e os xoves ás 18.00 horas no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro.

Os interesados poderán anotarse ata completar aforo ou ata o 31 de xaneiro.

O prezo da inscrición varía entre os 15 e os 17 euros.

As consultas e inscricións poden facerse de xeito presencial na casa do concello ou ben a través da sede electrónica municipal (guitiriz.sedelectronica.gal).