?>

O Concello de Friol supervisa o funcionamento do centro de día

Terracha Xa | Lugo XA
Os maiores que asisten diariamente ao Centro de Día da Xunta de Galicia que Afalu xestiona no Concello de Friol, recibiron este venres a visita de par
plosa2
23 dic 2023

Os maiores que asisten diariamente ao Centro de Día da Xunta de Galicia que Afalu xestiona no Concello de Friol, recibiron este venres a visita de parte do euipo de Goberno local, acompañados por Carmen e Valentín, presidenta e xerente de Afalu.

"Quixemos así agasallar en estas datas tan sinaladas, a estas persoas maiores que desfrutan de este servizo tan importante e necesario nun pobo como Friol", dixo.

Este centro leva funcionando mais de tres anos e ten en estes momentos 11 usuarios. Este servizo dispón de 14 prazas públicas, subvencionadas pola Xunta.

"Este é un servizo fundamental para a poboación que ten algún tipo de problema relacionado co Alzheimer, ou que ten probabilidade de telo, posto que os profesionais que traballan aquí están especializados en traballar con estas persoas e conseguir que a súa enfermidade avance o mais lentamente posible, e incluso que poidan recuperar certas facultades que viron reducidas", afirma Santos.