?>

O Concello de Castro de Rei compra unha cortadora de herba

Terracha Xa | Lugo XA
O Concello de Castro de Rei vén de comparar unha cortadora de herba para o mantemento de parques, xardíns, áreas recreativas e espazos verdes. Esta
maquina cortadora de cespede castro
maquina cortadora de cespede castro
plosa2
15 nov 2023

O Concello de Castro de Rei vén de comparar unha cortadora de herba para o mantemento de parques, xardíns, áreas recreativas e espazos verdes.

Esta compra foi realizada con cargo a unha Subvención do Fondo de Compensación Ambiental (liña de concorrencia non competitiva) de Vicepresidencia 2ª e Consellería de Xustiza, por un importe total de 36.300 euros, dos que foi subvencionado o 80%.

"Dende o Concello valoramos positivamente esta adquisición que ademais de ser moi necesaria pasará a formar parte do parque de maquinaria do Concello, destinándose ó mantemento de espazos verdes e áreas recreativas", explicou o alcalde, Francisco Balado.

maquina cortadora de cespede castro 2