O Concello de Begonte organiza un taller sobre alimentación saudable

Terracha Xa
O Concello de Begonte, a través da Escola Galega de Saúde, organiza un taller de alimentación saudable para as persoas maiores co obxectivo de que adq
alimentacion saudable maiores portada
alimentacion saudable maiores portada
plosa2
3 oct 2023

O Concello de Begonte, a través da Escola Galega de Saúde, organiza un taller de alimentación saudable para as persoas maiores co obxectivo de que adquiran coñecementos sobre alimentación que poidan implementar na vida diaria e que coñezan os beneficios dunha boa alimentación.

Sera o luns 9 de outubro de 16.30 a 19.30 horas, na casa da cultura de Begonte, e será impartido pola nutricionista Concepción Fernández López.

Todas as persoas que queiran asisitir deben inscribirse antes do 4 de outubro, a través do mail deportes@concellodebegonte.es, nos teléfonos 619 455 143 e 982 396 143 ou de forma presencial no Concello.

Falarase de diferentes tipos de alimentos, os hábitos alimentarios, alimentación saudable e aprenderase a ler as etiquetas.

alimentacion saudable maiores