O Concello de Abadín remata varias obras

Terracha Xa
O Concello de Abadín rematou estes días varias obras en diferentes puntos do termo municipal. Así, finalizou a captación dun novo manancial para o
plosa2
23 dic 2023

O Concello de Abadín rematou estes días varias obras en diferentes puntos do termo municipal.

Así, finalizou a captación dun novo manancial para o depósito de Labrada por unha banda. No relativo a camiños, tamén se repararon as cunetas, a rúa e o aparcadoiro do Concello.

Debido aos temporais tamén houbo varios desprendementos, que foron reparados nestes días. Finalmente, tamén se fixo o acondicionamento con aglomerado asfáltico da pista do Batán en Aldixe.

Dentro da localidade, tamén se rematou a obra de acondicionamento do pavillón municipal con formigón, tamén se fixo a instalación do aseo adaptado. Estas modificacións tiñan un orzamento de 29.499,80 euros.