O colectivo La Peka organiza un encontro de vehículos vivenda en Outeiro de Rei

Terracha Xa | Lugo XA
A Asociación La Peka organiza un encontro de Vehículos Vivenda -autocaravanas, caravanas e campers- que terá lugar no recinto de Santa Isabel -Outeiro
outeiro de rei vehiculos vivenda portada
outeiro de rei vehiculos vivenda portada
plosa2
12 oct 2023

A Asociación La Peka organiza un encontro de Vehículos Vivenda -autocaravanas, caravanas e campers- que terá lugar no recinto de Santa Isabel -Outeiro de Rei- desde mañá e toda a fin de semana.

O evento contará cun programa de actividades que inclúen a visita á Casa Museo Manuel María, un espectáculo de títeres, percorridos polo Bosque Máxico e unha comida conxunta. Ademais, os asistentes terán a oportunidade de visitar o zoo de Marcelle e explorar calquera das rutas da zona.

O evento principal terá lugar o sábado 14 de outubro ás 13:00, cando a asociación La Peka e todos os presentes enteguen ao Concello unha placa de agradecemento en recoñecemento á súa contribución. Tamén se levará a cabo unha iniciativa solidaria coa entrega de provisións ao Banco de Alimentos municipal.

As persoas que desexen participar neste evento poden inscribirse e obter máis información sobre o evento, visita a
páxina web lapeka.org

outeiro de rei vehiculos vivenda