?>

O Castro FSF debuta na Primeira feminina cun empate na casa

Terracha Xa | Lugo XA
Magnífico debut do Castro FSF na primeira categoría do fútbol sala feminino nacional, á que ascendeu a pasada tempada para acompañar ao Burela. As
fsf castro futbol sala
fsf castro futbol sala
plosa2
18 sep 2023

Magnífico debut do Castro FSF na primeira categoría do fútbol sala feminino nacional, á que ascendeu a pasada tempada para acompañar ao Burela.

As chairegas lograron un empate a 3 na casa ante o Ourense Ontime. Lograron impoñerse as vermellas a cada gol que metía o rival e aguantaron os cinco minutos finais coa porta pechada para impedir a vitoria da rival.

Moita igualadade na cancha e moita calidade das locais que amosaron o merecido do ascenso. O primeiro gol para o equipo nesta categoría foi para Patricia Corral, seguido do gol da capitana, Luisa Mayara, e pechou o triplete Daniella Sousa.

Tamén xogaron Area, Antía, Lucía, Jenifer, Verónica e Raquel.

Importante asistencia de público que apoiou ás vermellas nesta xornada de debut no que sumaron xa o primeiro punto.