?>

O anpa do colexio de Rábade, contra a unificación de dous cursos

Terracha Xa | Lugo XA
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Otero Pedrayo convocaron para hoxe unha reunión con toda a veciñanza para falar da decisión da Conselle
salvar o colexio de rabade portada
salvar o colexio de rabade portada
plosa2
7 sep 2023

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Otero Pedrayo convocaron para hoxe unha reunión con toda a veciñanza para falar da decisión da Consellería de Educación de unificar as aulas de 4º e 5º curso cara o próximo ano lectivo.

O colectivo considera esta decisión “totalmente perxudicial para os pequenos” xa que se trata da unión de dous cursos de distinto ciclo onde, ademais, hai rapaces con necesidades especiais que lles resultaría máis costoso o cambio.

Esta reunión terá lugar ás 20.30 horas, diante do colexio e invitan a asistir todo aquel que queira para “salvar a escola de Rábade”.

salvar o colexio de rabade