?>

Música, Inchables e obradoiros protagonizan o programa de Nadal en Guitiriz

Terracha Xa
O Concello de Guitiriz celebrará as festas do Nadal cunha programación de actividades na que tanto pequenos como maiores poderán gozar de inchables, o
reis_nadal_guitiriz
reis_nadal_guitiriz
8 dic 2023

O Concello de Guitiriz celebrará as festas do Nadal cunha programación de actividades na que tanto pequenos como maiores poderán gozar de inchables, obradoiros, karaoke ou baile e, como non, da visita do Apalpador e dos Reis Magos.

O venres 15 de decembro, as rúas e edificios de Guitiriz iluminaranse co acendido de luces de Nadal. Logo, do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, instalarase unha carpa no Campo da Feira onde se desenvolverán as diferentes actividades.

Nesa carpa haberá todos os días inchables e diferentes actividades: obradoiros de cociña, de postais, de decoración de Nadal, sesións de maquillaxe, bailes, karaoke, globoflexia, música en directo e algunhas sorpresas máis.

Ademais, como non podía ser doutro xeito, os máis pequenos recibirán a visita do Apalpador o 22 de decembro e, antes da cabalgata de Reis, o 4 de xaneiro un paxe real pasarase polo Campo da Feira a recoller as peticións dos máis pequenos ás Súas Maxestades de Oriente.

Programación Nadal 23 guitiriz