Muras acollerá o domingo un espectáculo da man do programa Dinamiz-ARTj

Terracha Xa
Muras acollerá unha actividade dentro do programa Dinamiz-ARTj. Será este domingo, 1 de outubro, ás 17.00 horas na Praza do Lozal Social ou na Casa do
a taberna de susa teatro portada
a taberna de susa teatro portada
plosa2
28 sep 2023

Muras acollerá unha actividade dentro do programa Dinamiz-ARTj. Será este domingo, 1 de outubro, ás 17.00 horas na Praza do Lozal Social ou na Casa do Médico.

Trátase do espectáculo A taberna da Susa, de Dinamia Teatro.

No medio do Camiño de Santiago atopamos unha Taberna, e sobre todo unha Taberneira, como poucas.

Susa rexenta o local cando dous homes que caen por alí -o aldeán Don Florencio e o peregrino Don Sereno-, loitarán por un amor repentino cara ela.Tan repentino como a herdanza que lle chegou á mesoneira...

A quén escollerá Susa nesta cómica batalla medieval cun argumento ben atemporal?

a taberna de susa teatro