?>

Meira contará con ximnasia de mantemento para adultos a partir de outubro

Terracha Xa
O Concello de Meira contará cunha actividade de ximnasia de mantemento para adultos que se desenvolverá os luns e venres pola mañá e os martes pola ta
ximnasia de mantemento meira portada
ximnasia de mantemento meira portada
plosa2
13 sep 2023

O Concello de Meira contará cunha actividade de ximnasia de mantemento para adultos que se desenvolverá os luns e venres pola mañá e os martes pola tarde.

Esta actividade ten aberto o prazo de inscrición e admitirá un máximo de dez persoas por grupo e un mínimo de 5.

As clases, que serán gratuítas, está previsto que dean comezo no mes de outubro.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo no teléfono 629 302 039 ou na casa da cultura local.

Están previstos dous grupos os luns e tamén os venres, con dúas clases dunha hora, unha de 10.00 a 11.00, e outra de 11.00 a 12.00 horas. Os martes as sesións serán ás 16.00 e ás 17.00 horas e de 17.00 a 18.00 horas.

ximnasia de mantemento meira