?>

Meira acolle unha mostra sobre a Casa Museo de Rosalía de Castro

Terracha Xa
A localidade de Meira acolle estes días unha exposición fotográfica itinerante da Casa Museo de Rosalía de Castro. Está situada na praza do Concello,
exposicion casa museo rosalia en meira
exposicion casa museo rosalia en meira
plosa2
7 oct 2023

A localidade de Meira acolle estes días unha exposición fotográfica itinerante da Casa Museo de Rosalía de Castro. Está situada na praza do Concello, onde permanecerá ata o 17 de outubro, martes.

Trátase dunha mostra que pretende resaltar o fito que supuxo comprar, restaurar e musealizar esta Casa-Museo en pleno franquismo, pero tamén ofrecer un repaso pola súa historia desde que abriu ao público aquel 15 de xullo de 1971.

A exposición está organizada en seis capítulos diferenciados: A Casa e o tren; Rosalía en casa, que recolle os últimos anos de vida da poeta nesta vivenda; Unha Casa santuario, que analiza as iniciativas que xurdiron para comprar a casa entre 1900 e 1940; A causa da Casa, que profunda na historia da compra do inmoble en 1946 por Xosé Mosquera e Xosé Villar Granjel; O Padroado da Casa e A Casa de Galicia, que se centran nos movementos galeguistas e progresistas xurdidos e nas achegas de galegos e galegas de todo o país e da emigración para converter a última residencia de Rosalía de Castro nun símbolo da cultura propia.