'Matria' proxéctase este martes en Meira

Terracha Xa
Este martes 22 de agosto, a praza do Convento de Meira acollerá a proxección da película Matria na que sobresae a persoaxe de Ramona interpretada con
cine na rua meira matria portada
cine na rua meira matria portada
plosa2
21 ago 2023

Este martes 22 de agosto, a praza do Convento de Meira acollerá a proxección da película Matria na que sobresae a persoaxe de Ramona interpretada con braveza pola viguesa María Vázquez.

Esta proxección, que terá lugar ás 22.00 horas, está organizada pola Asociación Cultural Eme de Meira xunto á Deputación Provincial dentro do ciclo de Cine na Rúa.

Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredecible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara adentro e a pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir.

cine na rua meira matria