Abadín prepara a súa primeira Feira Cabalar para o sábado 23

Terracha Xa
Abadín celebrará a I Feira Cabalar o sábado 23 de setembro no campo da feira de Gontán. As actividades que se organizarán nesta xornada serán unha
feira cabalar abadin portada
feira cabalar abadin portada
plosa2
13 sep 2023

Abadín celebrará a I Feira Cabalar o sábado 23 de setembro no campo da feira de Gontán.

As actividades que se organizarán nesta xornada serán unha ruta a cabalo, que terá lugar ás 10.00 horas dende Gontán, un concurso de salto na Roxica, seguida dunha sesión vermú a cargo de Puzzle Animación.

Ás 14.00 horas terá lugar unha comida onde se servirá empanada, callos, churrasco, postre, café e chupito por 26 euros. Os nenos de entre 5 e 10 anos pagarán 15 euros e os menores de 5 no terán que pagar nada.

Non é necesario participar na ruta nin vir a cabalo para asistir á comida e a venda de tickets será ata o día 17 nos bares Casa de Goás, Niza e O Paso, ou tamén chamando aos teléfonos de Tania (695 888 170) e Edita (605 349 137).

Ás 18.00 horas terá lugar unha xinkana onde haberá que inscribirse o propio día, seguido dunha serie de espectáculos da man de Alyssa Pellei Equestrian Art. Ao remate da actuación, terá lugar a entrega de premios no propio campo da feira e, como colofón, unha verbena a cargo de Puzzle Animación.

Ademais, esta feira, contará cunhas probas de andadura galega, que terán lugar ás 11.30 horas. Esta actividade dividirase en cinco categorías e haberá 4 clasificados en cada unha delas. Os premios oscilarán entre os 150 e os 30 euros. O prazo para inscribirse rematará o 21 de setembro.

Dende a organización lembran que é obrigatorio levar casco e cada participante deberá facerse cargo del mesmo e do seu cabalo.

feira cabalar abadin