Guitiriz acolle una xornada sobre ciberseguridade en novembro

Terracha Xa
A aula CeMIT de Guitiriz acollerá o vindeiro 13 de novembro, en horario de 10:30 a 12:30, a actividade O teu día a día con Seguridade, impartida por p
aula cemit guitiriz ciberseguridade portada
aula cemit guitiriz ciberseguridade portada
plosa2
16 oct 2023

A aula CeMIT de Guitiriz acollerá o vindeiro 13 de novembro, en horario de 10:30 a 12:30, a actividade O teu día a día con Seguridade, impartida por profesionais do departamento de seguridade e infraestruturas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Trátase dunha formación práctica sobre os principais retos aos que estamos expostos no día a día no contexto da ciberseguridade e como afrontalos.

Entre os contidos figura o contexto e datos, seguridade en credenciais, correo electrónico e navegación segura, seguridade en dispositivos móviles, malware: principias exponentes, fraude bancaria, adictos a rede e referencias.

A actividade conta con prazas limitadas e as persoas interesadas poderán realizar a inscrición a través da web https://cemit.xunta.gal/gl/centros/guitiriz, enviando un correo electrónico a cemit.guitiriz@xunta.gal ou no teléfono 982 370 062.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 16 de outubro ata o 31 de outubro.

aula cemit guitiriz ciberseguridade