Friol acolle unha xornada sobre alternativas ás comunidades de montes

Terracha Xa | Lugo XA
O vindeiro sábado 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas desenvolverá unha xornada sobre alternativas sostíbeis nas comunidades d
xornada alternativas comundiades de montes portada
xornada alternativas comundiades de montes portada
plosa2
22 oct 2023

O vindeiro sábado 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas desenvolverá unha xornada sobre alternativas sostíbeis nas comunidades de montes. O evento terá lugar no local social de Carballo (Carballo, Friol), dende as 11.00 até as 18.00 horas, e contará con palestras, a presentación do vídeo Píldoras Verdes, xantar e visita ao Monte Veciñal en Man Común de Carballo.

Esta xornada ten como obxectivo poñer de manifesto o papel de dinamizador dos bens comúns e a propiedade colectiva no medio rural, expoñendo o potencial da xestión comunal da terra e as súas vantaxes. Neste caso enfocado nunha figura tan especial na Galicia como son os montes veciñais en man común.

As inscricións poden realizarse neste enlace antes do 26 de outubro.

xornada alternativas comundiades de montes