Festas en Chacín, de Riotorto, o sábado

Terracha Xa
O sábado 30 de setembro a parroquia de Chacín, en Riotorto, celebra as súas festas cunha misa solemne ás 12.30 horas. Seguidamente terá lugar unha pr
festas chacin riotorto portada
festas chacin riotorto portada
plosa2
25 sep 2023

O sábado 30 de setembro a parroquia de Chacín, en Riotorto, celebra as súas festas cunha misa solemne ás 12.30 horas.
Seguidamente terá lugar unha procesión e sesión vermú a cargo do dúo Belinda, que será o encargado de amenizar a verbena, que haberá durante a noite.

A festa completarase cunha comida popular no campo da festa ás 15.00 horas, xantar que estará composto por empanadillas, arroz con bogavante e marisco, codillo asado, tarta de Santiago e bebidas, café e chupito por 26 euros os adultos e 16 euros os nenos de ata 10 anos.

Todo aquel que quiera asisitir, debe comprar os tickets antes do 26 de setembro chamando ao teléfono 660 151 242.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

festas chacin riotorto