?>

Este sábado haberá cantos de taberna en Muimenta

Terracha Xa
A comisión das festas de Muimenta 2023 informou á veciñanza que obtiveron un balance positivo nas contas desta celebración polo que cos cartos sobrant
cantos de taberna muimenta cospeito portada
cantos de taberna muimenta cospeito portada
plosa2
29 oct 2023

A comisión das festas de Muimenta 2023 informou á veciñanza que obtiveron un balance positivo nas contas desta celebración polo que cos cartos sobrantes do recadado para as patronais deste ano, investiranse noutras celebracións.

Así, comezan coa organización duns Cantos de Taberna, que terán lugar este sábado, 4 de novembro. Está prevista a participación dos grupos Agustiños con Xosé, Asubíos da Chaira, Cainvanca, Os de aquí, Os do 13 e Son Galego.

A sesión terá lugar a partir das 18.30 horas e haberá servizo de bus para desprazarse entre locais. Están invitados a sumarse á festa todos os grupos que o desexen.

cantos de taberna muimenta cospeito